VULCANO E AIMEN ANALIZAN A VIABILIDADE DE INCORPORAR UNHA CELDA DE SOLDEO AUTOMATIZADA
O Centro Tecnolóxico AIMEN e Factorías Vulcano, SA veñen de desenvolver conxuntamente un proceso automatizado de soldeo híbrido –láser/arco-, que representa un novidoso sistema de unión de materiais industriais, que conleva como principais vantaxes a mellora da productividade da liña de fabricación de paneis planos e bloques na construción naval, a redución do tempo do ciclo de soldeo, o incremento da calidade do produto e a redución de distorsión. Vigo, 21 de maio de 2008. Doutra banda, a introdución da tecnoloxía láser no proceso de soldeo implicaría a incorporación dunha celda pechada, mellorando a salubridade nas condicións de traballo, xa que reducirá sensiblemente os riscos por inhalación de fumes tóxicos provocados polo proceso de soldeo. Esta investigación foi presentada esta mañá no stand corporativo de AIMEN en Navalia nun acto ao que asistiron Eva Vaamonde, técnica de AIMEN, e Álvaro Méndez e Mª Pérez Lamas de Factorías Vulcano, quenes explicaron que o proxecto comenzou no ano 2006 pola necesidade de obter medios máis produtivos al aumentar a carga de traballo no estaleiro . “A investigación constitúe unha forte aposta pola innovación para diferenciarse do resto de estaleiros de España e respecta a política medioambiental de Vulcano”, declararon na presentación os responsables do estaleiro.
Aínda que a tecnoloxía de soldeo de materiais metálicos por láser é un proceso xa maduro nalgúns sectores industriais, nunca ata agora foi empregada no sector naval en España, polo que Vulcano vai ser un estaleiro pioneiro en estudar a viabilidade de incorporar unha celda industrial de soldeo láser híbrido, que permitirá realizar paneis planos de tamaños variados e distintas xeometrías de reforzo. Si hai antecedentes do emprego desta tecnoloxía en estaleiros europeos, como o alemán Meyer Werft, que foi pioneiro en 2002 en instalar unha liña de produción totalmente automatizada de soldadura láser híbrida para producir grandes seccións de barcos. Blohm Voss, Odense Steel Shipyard ou Fincantieri son outros estaleiros nos que se estuda a posibilidade de empregar tecnoloxías láser en distintos procesos de corte, marcado e soldadura.
Unha das aplicacións máis consolidadas da soldadura híbrida atopase no sector da automoción, que actualmente estuda empregalo para soldar aliaxes de aluminio de baixo espesor. Fabricantes como Audi e Volkswagen xa empregan este tipo de soldadura nalgúns dos seus modelos.
A industria aeronáutica está continuamente desenvolvendo novas tecnoloxías para producir avións baixo os parámetros da innovación, da fiabilidade e da economía.. O proceso híbrido resulta de gran interese para estas industrias cando se trata de soldear aliaxes de titanio, ofrecendo resultados de maior calidade que coa soldadura tradicional.
Novos materiais para a refrixeración das embarcacións
Asemade, AIMEN tamén presentou en Navalia o proxecto desenvolvido en colaboración con Integasa, empresa galega especializada no deseño térmico-mecánico de intercambiadores de calor, para a optimización do proceso de recarga das placas tubulares dos intercambiadores de calor nas embarcaciós. O director de produción de Integasa, Francisco Rodríguez, acompañado de Juan Carlos Rodríguez Macías, técnico de Integasa, foron os responsables da presentación de este proxecto, no que ambas entidades investigaron os materiais de aporte e técnicas de recarga que melloren as características a un custo inferior, seleccionando para iso aleaxes alternativos e aplicando procesos de soldeo robotizados. “Desta colaboración con AIMEN acadamos reducir este proceso de recargue de 8 horas a soa 1 hora”, declararon os responsables de Integasa.
A novidad deste proxecto, que recibe o nome de “Desenvolvemento da tecnoloxía de recargue mediante procesos de soldadura ao arco e proxección térmica automatizados e aplicación de recubrimentos anticorrosivos en intercambiadores de calor” reside na utilización de procesos de recarga que, mellorando a calidade do mesmo grazas a unha maior resistencia á corrosión , erosión e á menor dilución, disminúen o custo dun proceso crítico na fabricación de intercambiadores grazas ao emprego de técnicas facilmente automatizables e de maior rendimento que o proceso actual.
Conferencia
Por outra banda, no marco das xornadas técnicas de Navalia, esta AIMEN ofreceu a conferencia titulada “FSW (Friction stir welding) no sector naval”, unha tecnoloxía de unión avanzada que ofrece prestacións mecánicas superiores ás actuais. O relatorio foi exposto por Joaquín Vázquez, responsable da Planta de Tecnoloxías de Unión de AIMEN.