Skip to main content
21, 22 y 23 de Mayo 2024
21, 22 y 23 de
MAYO de 2024

- FECHAS CONFIRMADAS -

PREVISIÓN INFORMATIVA - MÉRCORES, 21 DE MAIO- 11:30 HORAS + 12:00 HORAS

Conferencia_No marco das xornadas técnicas de Navalia, esta AIMEN ofrecerá ás 10:30 horas a conferencia titulada “FSW (Friction stir welding) no sector naval”, unha tecnoloxía de unión avanzada que ofrece prestacións mecánicas superiores ás actuais. O relatorio será exposto por Joaquín Vázquez, responsable da Planta de Tecnoloxías de Unión de AIMEN. Mañá mércores 21 de maio terá lugar ás 12:00 horas no stand corporativo do Centro Tecnolóxico AIMEN en Navalia a presentación de dúas novidosas investigacións destinadas ao sector naval. Por unha banda, AIMEN presentará o proxecto de investigación desenvolvido xunto a Vulcano para analizar a viabilidade de incorporar no estaleiro unha celda industrial de soldeo automatizado, pioneira na construción naval en España; e por outra banda, presentará o proxecto para a mellora do proceso de soldadura por arco dos intercambiadores de calor en embarcacións, desenvolvido conxuntamente con Integasa.